Bieito Dubidoso era mago, e nas súas mans de alas de colibrí tremían a velocidade da luz e a exactitude do reloxo. Facedor de acontecementos imposibles era quen de provocar a desaparición dunha persoa ou de serrar o corpo de calquera e volvelo colar, sen que as vítimas se apercibisen de nada do sucedido.
Bieito Dubidoso era mago, e nas súas mans de alas de colibrí tremían a velocidade da luz e a exactitude do reloxo. Facedor de acontecementos imposibles era quen de provocar a desaparición dunha persoa ou de serrar o corpo de calquera e volvelo colar, sen que as vítimas se apercibisen de nada do sucedido. Orixinario da vila de Tui, grazas á súa facultade de crear neve en calquera condición atmosférica, atopará en Destreza a compañeira coa que compartirá aventuras e descubrirá o amor.
A novela narra as azarosas e intrépidas aventuras de Bieito Dubidoso, que se declara prestidixitador e non feiticeiro; quen na compaña da súa inseparable Destreza emprende unha infatigable loita contra a superstición e o atraso, representados polo bispo Xoán, dono e señor da vila de Tui.
Colección
CAMALEÓN
Código
1334519
I.S.B.N.
978-84-9914-803-8
Publicación
12/02/2015
Clasificación IBIC
YFH
Formato
Papel
Páxinas
248
Tamaño
21.5 x 14.5 cm
Autor/a
Roque Cameselle
Roque Cameselle (Vigo, 1981) é escritor e director de cine. Licenciado en Comunicación Audiovisual, imparte clases de guión cinematográfico e é crítico de cine de Faro de Vigo. Dirixiu as curtametraxes Memoria indesexable (1998), A moza do último (1998), Soldados sen fortuna (2000) e Amor a Mantis (2003). En 2011 estreou a película de animación The Little Wizard. O mago Dubidoso, que significou o seu debut como director de longametraxes. O filme está baseado na novela Bieito Dubidoso (Xerais 2003, 2015) e foi distribuído por Xerais, acompañando o álbum ilustrado O pequeno mago (Xerais, 2014). Como autor de narrativa breve, publicou o libro de relatos O Pausiñas (2001) e como guionista escribiu Na luz freada da tarde (2001), A Gilda chamábanlle Leonor (2002) e Meu xeneral, o asasino foi o mar (2003), traballos premiados na convocatoria da Xunta de Galicia para a escritura de guións. Dende 1997 obtivo numerosos premios literarios no eido da poesía, do relato e da novela curta.