Crispín sempre foi un namorado da fotografía, quixo ser retratista de profesión. Crispín semella un vello furón, axexando a súa veciña, Eleanora, por enriba do balcón coa súa cámara fotográfica, poñendo en perigo a súa vida, esquecendo que xa non é ningún rapaz, senón un xubilado na costa dos setenta.
Crispín sempre foi un namorado da fotografía, quixo ser retratista de profesión. Crispín semella un vello furón, axexando a súa veciña, Eleanora, por enriba do balcón coa súa cámara fotográfica, poñendo en perigo a súa vida, esquecendo que xa non é ningún rapaz, senón un xubilado na costa dos setenta. Dende hai uns meses Crispín leva cavilado dabondo na identidade de Gloria;. primeiro pensaba que se trataba da neta de Eleanora, polo xeito de falar con ela, pero axiña muda de opinión e ocorréuselle pensar que se refería a unha mascota. ¿Quen será Gloria en realidade?.
A encontadora de An Alfaya aborda un tema pouco tratado na literatura infantil galega, unha historia de amor entre persoas maiosres, onde asoman uns personaxes que recenden a nube de azucre de feira, ateigada de sentimentos tenros, alleos ás barreiras de idade.
Colección
De 9 anos en diante
Código
1343132
I.S.B.N.
978-84-8302-965-7
Publicación
18/03/2003
Clasificación IBIC
YFM
Formato
Papel
Páxinas
112
Tamaño
19 x 13.5 cm
Autor/a
An Alfaya
An Alfaya (Vigo, 1964) ten unha obra literaria extensa dirixida tanto aos lectores e lectoras infanto-xuvenís como ás persoas adultas. Publicou as novelas A recortada (Xerais, 1999); Desventura (2003); Matei un home (2005), áccesit do Premio Novela por entregas La Voz de Galicia 2003; A sombra descalza (Xerais, 2006), Premio Lazarillo 2005, Premio Xosé Neira Vilas 2006 ao mellor libro infantil e xuvenil, Premio White Ravens 2007 e Lista de Honra IBBY 2008; Illa Soidade (Xerais, 2007), Premio Fundación Caixa Galicia de literatura xuvenil 2007 e Premio Fervenzas Literarias ao Mellor Libro Xuvenil 2007; Areaquente (2009) Premio Lueiro Rey 2009 e Premio San Clemente 2010; Vía secundaria (Xerais, 2011), Premio Novela por entregas La Voz de Galicia 2010; Muros de aire (Xerais, 2015); A cea das enaguas (2016), Premio Frei Martín Sarmiento e O home de negro (2018), Premio Xosé Neira Vilas de Novela Xuvenil 2017.
Dentro da súa produción dirixida ao público infantil, Xerais publicou a obra teatral O maquinista Antón (1995, 2009) e os libros narrativos O caderno azul (1996), ¡Sireno, Sireno! (Premio Merlín 1997), A buguina namorada (2003), A encontadora (2003), O aroma do liquidámbar (2012) e O fío vermello (2014). Tamén recibiu o Premio Frei Martín Sarmiento nos anos 2008, 2011 e 2013 polas súas obras Zoa o Azor, A ánfora exipcia e O recendo das clementinas.
O Grupo (Xerais, 2019) foi merecedora do XII Premio Raíña Lupa de Literatura Infantil e Xuvenil.