Recén chegados

Varetai. Protectora de espíritos

Varetai. Protectora de espíritos

Varetai. Protectora de espíritos

Alba De Evan

Sete dentes de león

Sete dentes de león

Sete dentes de león

Ledicia Costas

Cando os animais falaban

Autor/a : Antonio Reigosa, Xosé Miranda
Ilustrador/a : Andrés Meixide

Cando os animais falaban é un tempo mítico en que se sitúan un grande número de contos populares, de sucesos fantásticos e marabillosos, sobre todo protagonizados por animais, coma os cen que se recollen neste volume preparado por Xosé Miranda e Antonio Reigosa.

Partilla este libro

facebook twitter

Sinopse

Cando os animais falaban é un tempo mítico en que se sitúan un grande número de contos populares, de sucesos fantásticos e marabillosos, sobre todo protagonizados por animais, coma os cen que se recollen neste volume preparado por Xosé Miranda e Antonio Reigosa. Ese tempo mítico pérdese na noite dos tempos e lévanos a unha época remotísima, de aí que esta frase apareza como fórmula de entrada de contos e relatos, sobre todo dos contos de animais e dos contos marabillosos e de maxia, moi similar a outras ben coñecidas como "Érase unha vez", "Desta era" ou "Nos tempos de Maricastaña". O cento de contos que se recollen neste volume, cada un deles ilustrado fermosamente a toda cor por Andrés Meixide, están tirados todos eles da tradicón oral galega; todos eles refírense ós tempos primitivos, os tempos da creación, cando se decidiu que as cousas fosen como son, que o carrizo fose pequeno, que a silveira dese amoras e que a cobra non tivese patas. Son contos populares que explican, a súa maneira, por que as cousas son dese xeito e non doutro. Neste libro, singularmente fermoso, quedan explicadas a orixe e a causa de moitos fenómenos naturais e conductas humanas: ¿Por que os corvos non son fachendosos?, ¿Por que a andoriña é un paxaro que trae sorte?, ¿Por que o moucho chama sempre polos bois?, ¿Por que os paxaros fan niño?, ¿Por que no inverno non se ve o cuco? ¿Como se alimentan as follas das árbores? Son algunhas das preguntas que se responden neste volume, cuestións que quedan explicadas dun xeito tan inxenuo e plástico como fermoso. Un libro imprescindible para coñecer e gozar e rir cos nosos mitos fundacionais, que poden compararse cos de calquera outro pobo do mundo.

  • Colección

    EDICIÓNS SINGULARES INFANTÍS

  • Código

    1334021

  • I.S.B.N.

    978-84-8302-907-7

  • Publicación

    11/12/2002

  • Clasificación IBIC

    YFJ

  • Formato

    Papel

  • Páxinas

    128

  • Tamaño

    25.5 x 23.5 cm

  • Colección

  • Código

  • I.S.B.N.

  • Publicación

    01/01/1970

  • Clasificación IBIC

  • Formato

Libros de Antonio Reigosa

Seica

Pequena mitoloxía de Galicia

Pequena mitoloxía de Galicia

LIBRO X

Guía de campo da Galicia Encantada

Guía de campo da Galicia Encantada

De 7 anos en diante

O raposo aviador que voa sen motor

O raposo aviador que voa sen motor

Sobre a colección EDICIÓNS SINGULARES INFANTÍS