Logo Xerais

Ficha libro

Versos dun fistor republicano, marxista, ateo e un pouco epicúreo

(Antoloxía: 1963-2016)

Xesús Alonso Montero (Autor/a)

EDICIÓN LITERARIA>ALTERNATIVAS>Poesía

Neste libro de poemas, antoloxía da produción lírica de Xesús Alonso Montero desde 1963 ata 2016, o autor exerce de «fistor», de «vate popular», pero elevando a poesía bebedora das fontes do cancioneiro popular de tradición oral á condición de literatura culta. As súas composicións, de temática variada, como o propio título indica, están escritas «desde a concepción que as clases subalternas teñen das cousas e da sociedade».Versos antifascistas, versos contra a corrupción, o capitalismo e a monarquía, versos sobre lingua e literatura, versos de amizade e agradecemento, versos de homenaxe a republicanos exemplares, loas ao viño, á música e á rexouba, cántigas e cantigas... Todo isto e moito máis atoparemos nesta agardada compilación dos poemas de Xesús Alonso Montero, fistor letrado que, cando o ve necesario, utiliza con mestría o «alferrón cuestionador».

Valoracións

  • *
  • *
  • *
  • *
  • *
  • Valora
  • -
  • -
  • -
  • -
  • -
  • (0 valoracións)
Valoarción grabada correctamente. Actualice para ver resultados.
Error inesperado al grabar valoración. Inténtelo de nuevo más tarde.