Recén chegados

Varetai. Protectora de espíritos

Varetai. Protectora de espíritos

Varetai. Protectora de espíritos

Alba De Evan

Sete dentes de león

Sete dentes de león

Sete dentes de león

Ledicia Costas

O trasno de Alqueidón

Autor/a : Marilar Aleixandre
Ilustrador/a : Miguelanxo Prado

Este libro está formado por tres contos: "O trasno de Alqueidón" Inés e Diego teñen unha casa con faiado; unha noite, tras apagárense tódalas luces, escoitaron uns peíños pequenos correndo polo faiado e a caída de caixas e mobles.

Partilla este libro

facebook twitter

Sinopse

Este libro está formado por tres contos: "O trasno de Alqueidón" Inés e Diego teñen unha casa con faiado; unha noite, tras apagárense tódalas luces, escoitaron uns peíños pequenos correndo polo faiado e a caída de caixas e mobles. Despois de varias probas da nai descobren que non eran ratos senón un trasno e, para librarse del, a avoa recomenda pór no faiado unha cunca con arroz para que bata con el e o tire; como os trasnos non saben contar, enfadarase e marchará. Pero a Inés e mais a Diego dálles pena o trasno e esa noite deciden botarlle unha man. "Neve na Amaía" Utiliza a estrutura acumulativa dos contos tradicionais. Berta é unha nena que vive na Amaía coa súa avoa; teñen sempre acesa a lareira para non pasar frío. Un día que queda ela soa, as brasas apáganse e decide ir á casa do veciño, Tomé, a pedirlle uns tizóns; este dille que llos dará a cambio da auga que canta. Un grilo acompáñaa na súa viaxe; cando atopa a auga, esta pídelle unha presiña da terra que soña. A terra que soña está no castro de Ortoño, onde a pedra fita; esta pídelle un sopro do vento que pinta e este pídelle un bico. "Chave de Ponte, Chave de Carballo" Minia é unha nena que vive en Chave de Ponte e os desta aldea lévanse moi mal cos de Chave de Carballo. Ten un can chamado Ruzo e un gato co nome de Fran que desaparece tódalas noites e sempre volve polas mañás. Pero un día non ocorre así. Minia sae disposta a buscalo e coa axuda dunha parella de liñaceiros, unha píntega e mais un rato atópao perseguido por un mastín.

  • Colección

    De 7 anos en diante

  • Código

    1343072

  • I.S.B.N.

    978-84-8302-755-4

  • Publicación

    20/03/2002

  • Clasificación IBIC

    YFD

  • Formato

    Papel

  • Páxinas

    72

  • Tamaño

    19 x 13.5 cm

  • Colección

  • Código

  • I.S.B.N.

  • Publicación

    01/01/1970

  • Clasificación IBIC

  • Formato

Libros de Marilar Aleixandre

De 8 anos en diante

Nogard

Nogard

De 11 anos en diante

María Victoria Moreno. A muller que durmía pouco e soñaba moito

María Victoria Moreno. A muller que durmía pouco e soñaba moito

De 6 anos en diante

Catro cascarolos

Catro cascarolos

Sobre a colección De 7 anos en diante