Logo Xerais

Ficha libro

Historia da Literatura Galega III

De 1916 a 1936

Xosé Ramón Pena (Autor/a)

OBRAS DE REFERENCIA>XERAIS UNIVERSITARIA>LINGUA E LITERATURA

Premio Losada Diéguez (Investigación), 2017

Continuando o relato iniciado polo primeiro volume –Historia da Literatura Galega I. Das orixes a 1853 (Xerais 2013)– e polo segundo –Historia da Literatura Galega II. De 1853 a 1916. O Rexurdimento (Xerais 2014)–, aparece agora a terceira entrega do ambicioso proxecto emprendido por Xosé Ramón Pena. Trátase, en liña cos labores anteriores, de construír unha narración proporcionada e obxectiva da etapa vivida polas letras galegas entre 1916 –data da fundación das Irmandades da Fala– e xullo de 1936 –momento en que deu inicio a Guerra Civil española–. Unha xeira que ben merece o cualificativo de «anos de prata», xa que asistimos nese tempo á consolidación dunha literatura galega que acada a súa plena madurez, en directa converxencia coas correntes estéticas universais: isto é, unha afinidade que a obra escrita no idioma de noso –a pesar dos magníficos relampos atinxidos no século XIX, e singularmente da man de Rosalía de Castro– non amosara desde a Idade Media, coa eclosión do lirismo trobadoresco.Comprender os textos literarios producidos nese período como parte integrante –en interacción continua– da mobilización galeguista/nacionalista; consideralos, xa que logo, na súa dimensión sociocultural e sociopolítica; indagar neles a preocupación, por parte dos seus creadores, respecto da concreción dunha estética nacional; abordar o macrotexto que conforman na súa converxencia vertical e na súa proxección horizontal, configuran outros tantos piares que alicerzan a tarefa das presentes páxinas. Unhas páxinas, ademais, nas que Xosé Ramón Pena buscou considerar o conxunto do bosque literario, mais tamén discernir, alén de prexuízos e clixés, a verdadeira dimensión das especies que o compoñen.

Valoracións

  • *
  • *
  • *
  • *
  • *
  • Valora
  • *
  • *
  • *
  • *
  • *
  • (2 valoracións)
Valoarción grabada correctamente. Actualice para ver resultados.
Error inesperado al grabar valoración. Inténtelo de nuevo más tarde.