Recén chegados

A rede branca

A rede branca

A rede branca

Paco Morgan

A noite das cebolas

A noite das cebolas

A noite das cebolas

Rosa Aneiros

Izan o da saca

Autor/a : Xabier Quiroga

O Fiscal Superior de Xustiza recibe do seu editor un paquete que contén, ademais dun cartafol con noticias de varias mortes sen relación aparente, unha novela.

Partilla este libro

facebook twitter

Sinopse

O Fiscal Superior de Xustiza recibe do seu editor un paquete que contén, ademais dun cartafol con noticias de varias mortes sen relación aparente, unha novela. Nela, un taxista con ínfulas investigadoras e lector empedernido acepta o delicado encargo dun coñecido político e empresario galego: desentrañar un suposto pasado nazi co que os seus inimigos poden relacionalo. Comeza así, ademais dunha engaiolante procura pola xeografía física e humana deste país, unha perigosa pescuda sobre un dos feitos históricos máis intrigantes da posguerra: a misteriosa «Ruta das ratas» ao seu paso polo noroeste da península Ibérica e cara ao refuxio nazi en América do Sur. Mesturando realidade e ficción, coa mestría da madurez narrativa e facendo encaixar as múltiples pezas desta novela negra nun insólito final, Xabier Quiroga atrápanos nunha trama que, da man do Reiniña, o seu protagonista, remexe no escuro duns feitos agochados no pasado pero que, sen remedio, salpican o presente.

  • Colección

    Narrativa

  • Código

    1331383

  • I.S.B.N.

    978-84-9914-940-0

  • Publicación

    12/11/2015

  • Clasificación IBIC

    FA

  • Formato

    Papel

  • Páxinas

    384

  • Tamaño

    22 x 14.5 cm

  • Colección

    Narrativa

  • Código

    1378207

  • I.S.B.N.

    978-84-9914-947-9

  • Publicación

    12/11/2015

  • Clasificación IBIC

    FA

  • Formato

    ePub

Libros de Xabier Quiroga

Narrativa

Coa man esquerda

Coa man esquerda

Narrativa

O baile dos estorniños

O baile dos estorniños

Narrativa

Zapatillas rotas

Zapatillas rotas

Sobre a colección Narrativa