Recén chegados

Doce voz de Megafonía

Doce voz de Megafonía

Doce voz de Megafonía

Xesús Constela

Ata que a morte nos separe

Ata que a morte nos separe

Ata que a morte nos separe

Elena Gallego Abad

A derrota de Galicia

Autor/a : Antón Baamonde

A colección de textos que compón este libro, ten dúas caras: intenta rexistrar as formas en que nos últimos trinta anos tivo lugar o proceso de modernización, pero alimenta a sospeita de que este país, inmerso nunha grande transición de múltiples vértices, está fraguando nun sentido equivocado.

Partilla este libro

Sinopse

A colección de textos que compón este libro, ten dúas caras: intenta rexistrar as formas en que nos últimos trinta anos tivo lugar o proceso de modernización, pero alimenta a sospeita de que este país, inmerso nunha grande transición de múltiples vértices, está fraguando nun sentido equivocado. En realidade, é posible constatar a inexistencia dun proxecto propio que non sexa pasivo, inerte, respecto da evolución xeral española. Semella que os anos que veñen serán os do intento de recentralización de España e Galicia non parece preparada para resistir este asedio. Baamonde, un dos pensadores máis lúcidos do noso tempo, entende que a identidade de Galicia tería que ser proactiva, de futuro, tecida sobre a base de novos consensos sociais e inscrita na sociedade-rede mundial. Un punto de amarre para evitar a disgregación social, para que o territorio, a historia e a cultura se enmarquen no mundo dos fluxos que nos tocou vivir e para que a sociedade galega encare as súas propias transformacións. Entendida como expresión de dinamismo e de enerxía da sociedade civil tería que ser o cerne dun proxecto de cambio que articule ao conxunto da sociedade no seu conxunto.

  • Colección

    Ensaio

  • Código

    1383026

  • I.S.B.N.

    978-84-9914-383-5

  • Publicación

    19/06/2012

  • Clasificación IBIC

    DNF

  • Formato

    Papel

  • Páxinas

    328

  • Tamaño

    22.5 x 14.5 cm

Sobre a colección Ensaio