Recén chegados

A rede branca

A rede branca

A rede branca

Paco Morgan

A noite das cebolas

A noite das cebolas

A noite das cebolas

Rosa Aneiros

Asasinato no Consello Nacional

Autor/a : Diego Ameixeiras

Un encarapuchado asasinou de tres disparos a Mario Dacosta, parlamentario do Bloque Nacionalista Galego, cando saía da reunión do Consello Nacional no que a executiva, co seu voceiro á cabeza, Óscar Quiroga, presentou a súa dimisión.

Partilla este libro

facebook twitter

Sinopse

Un encarapuchado asasinou de tres disparos a Mario Dacosta, parlamentario do Bloque Nacionalista Galego, cando saía da reunión do Consello Nacional no que a executiva, co seu voceiro á cabeza, Óscar Quiroga, presentou a súa dimisión. Os feitos aconteceron pouco despois das seis da tarde, cando Dacosta se dispuña a arrincar o seu coche, estacionado no aparcadoiro do Hotel Congreso de Santiago de Compostela. Segundo fontes da Delegación do Goberno, o pistoleiro achegouse ao parlamentario e asestoulle tres tiros, fuxindo posteriormente nun vehículo Renault Clio. Un dos disparos impactoulle na cabeza, provocándolle a morte. Os servizos sanitarios trataron de reanimalo no lugar do crime, sen éxito, durante media hora. O presidente en funcións da Xunta de Galiza, Felipe Méndez Tarrío, cualificou o suceso de "atentado contra a democracia". O vicepresidente Óscar Quiroga, amosouse "conmocionado" e afirmou que "Galiza saberá estar á altura das circunstancias" ante un asasinato "que enche de rabia a todos os demócratas, e especialmente aos nacionalistas galegos". Fernando Xelmírez, secretario xeral UPG, partido integrado no Bloque e no que o parlamentario militaba dende 1982, amosouse conmocionado polo suceso e cualificou a Dacosta de "camarada insubstituible e extraordinario patriota galego". Horas antes do crime, Óscar Quiroga anunciara a súa dimisión ao comezo do consello nacional da formación frontista, conclave no que tamén presentou a súa renuncia toda a executiva. Abríase así unha nova etapa despois da derrota sufrida nos comicios autonómicos do 1 de marzo, cuxos resultados devolveron a maioría absoluta ao Partido Popular en detrimento do bipartito formado por PSdG-PSOE e BNG. Alberto Cudeiro, un detective elegante con ínfulas taoístas, recibirá da dirección do BNG o encargo de investigar este crime, que o levará, tamén, a resolver un enigma relacionado coa guerra civil.

  • Colección

    Narrativa

  • Código

    1331293

  • I.S.B.N.

    978-84-9914-171-8

  • Publicación

    23/09/2010

  • Clasificación IBIC

    FF

  • Formato

    Papel

  • Páxinas

    384

  • Tamaño

    22 x 15.5 cm

  • Colección

    Narrativa

  • Código

    1378125

  • I.S.B.N.

    978-84-9914-476-4

  • Publicación

    12/02/2013

  • Clasificación IBIC

    FF

  • Formato

    ePub

Libros de Diego Ameixeiras

Narrativa--NARRATIVA

Un anarquista

Un anarquista

CÓMIC--NOVELA GRÁFICA

Os Suicidantes

Os Suicidantes

Narrativa

O cervo e a sombra

O cervo e a sombra

Sobre a colección Narrativa