Recén chegados

A rede branca

A rede branca

A rede branca

Paco Morgan

A noite das cebolas

A noite das cebolas

A noite das cebolas

Rosa Aneiros

A Terra de Soneira no corazón da Costa da Morte

Autor/a : Xosé Mª Lema, Evaristo Domínguez Rial, Xan Fernández Carrera, Roberto Mouzo Lavandeira, Xosé María Rei Lema

Comeza este libro cunha xustificación da personalidade específica da comarca demostrando con documentos e cartografía histórica a existencia dun territorio diferenciado con este nome desde hai mil cen anos.

Partilla este libro

facebook twitter

Sinopse

Comeza este libro cunha xustificación da personalidade específica da comarca demostrando con documentos e cartografía histórica a existencia dun territorio diferenciado con este nome desde hai mil cen anos. Os dous seguintes apartados non adoitan figurar nas guías habituais: a análise da forma de falar dos soneiráns e un estudo sobre os apelidos máis frecuentes desta zona. Logo vén unha intrudución xeográfica: natureza e paisaxe, onde se diferencia a Soneira interior e unha máis reducida Soneira da beiramar. Ofrécese despois unha visión da historia da comarca desde os tempos prehistóricos aos contemporáneos e, a continuación, as ricas manifestacións artísticas desde o megalitismo á actualidade. Tamén se considera de interese o rico patrimonio etnográfico, de aí a necesaria referencia á arquitectura popular e etnográfica (a casa labrega e mariñeira, os hórreos, os muíños, os batáns etc.). Sen esquecer a referencia á senlleira e refinada artesanía soneirá, que ten no encaixe de Camariñas unha recoñecida proxección universal e na recuperación dos labores do liño un modelo a seguir de como a recuperación dos vellos oficios pode servir de elemento dinamizador dunha comarca. Outros dos aspectos importantes son os persoeiros nacidos nalgún dos tres concellos, a rica gastronomía, as festas tradicionais máis importantes, os eventos instituídos modernamente con notorio éxito de público: o festival folk da Festa da Caballeira de Zas, o Asalto ao Castelo de Vimianzo, as rapas das bestas... Un apartado especial son as rutas para coñecer a comarca. Propóñense rutas xerais e rutas específicas como a arqueolóxica ou a dos Penedos de Pasarela, os de Traba, os do Piñeo, os do Penal do Veo e os do Corveiro.

  • Colección

    Libros con xeito

  • Código

    1399080

  • I.S.B.N.

    978-84-9914-163-3

  • Publicación

    11/08/2010

  • Clasificación IBIC

    RGL

  • Formato

    Papel

  • Páxinas

    352

  • Tamaño

    23.5 x 15 cm

Sobre a colección Libros con xeito