Recén chegados

Varetai. Protectora de espíritos

Varetai. Protectora de espíritos

Varetai. Protectora de espíritos

Alba De Evan

Sete dentes de león

Sete dentes de león

Sete dentes de león

Ledicia Costas

Pingueiras e tarteiras

Autor/a : Teresa González Costa
Ilustrador/a : Rodrigo Chao

No Castelo Grisallo todo é gris: desde o maimiño da raíña Otilia ata a súa cunca de porcelana inglesa. E tamén chove moito. A Súa Maxestade xa está cansa de colocar tarteiras debaixo das pingueiras.

Material complementario

Partilla este libro

facebook twitter

Sinopse

No Castelo Grisallo todo é gris: desde o maimiño da raíña Otilia ata a súa cunca de porcelana inglesa. E tamén chove moito. A Súa Maxestade xa está cansa de colocar tarteiras debaixo das pingueiras. Pero un día chegan pola porta os catro membros do Circo do Paraugas: Chapeu Torto, o director-capitán; Culleriña, a funambulista-tripulante; Pelo Teso, o mimo-tripulante e Zapatóns, o pallaso-tripulante. Na sala do Castelo Grisallo, onde todos os días eran iguais, os membros do Circo do Paragugas coas súas brincadeira e xogos rematarán co soberano aburrimento. Pouco a pouco os membros desta compañía de circo -que outrora fora esplendorosa- daranlle cor a tanta monotonía. E farán que a mesma choiva soe a música: a música das pingueiras nas tarteiras. Pingueiras e tarteiras de Teresa González Costa, a peza gañadora do IIIº Premio Manuel María de Literatura Dramática Infantil, foi definida no ditame do xurado como unha "apoloxía da ledicia e da fantasía que ofrece unha visión atípica e desmitificadora de personaxes arquetípicos". Unha obra que recorre a xogos de palabras para contar como a chegada dunha compañía de circo cambia a vida gris dun castelo. Esta primeira edición de Xerais e AGADIC foi ilustrada por Rodrigo Chao.

  • Colección

    Biblioteca Dramática Galega

  • Código

    1337057

  • I.S.B.N.

    978-84-9914-003-2

  • Publicación

    01/06/2009

  • Clasificación IBIC

    DD

  • Formato

    Papel

  • Páxinas

    80

  • Tamaño

    22.8 x 15 cm

  • Colección

  • Código

  • I.S.B.N.

  • Publicación

    01/01/1970

  • Clasificación IBIC

  • Formato

Libros de Teresa González Costa

De 8 anos en diante

Unha abella máxica no camiño

Unha abella máxica no camiño

FÓRA DE XOGO

A memoria dos paxaros

A memoria dos paxaros

De 8 anos en diante

A nena, o monstro e o mar

A nena, o monstro e o mar

Sobre a colección Biblioteca Dramática Galega