ESTA Antoloxía da literatura galega 1196-1981 proponse introducir o lector á literatura galega tal e como se leva expresando durante case oitocentos anos. Cincuenta e cinco textos de corenta autores, máis seis que son anónimos, foron especialmente escolmados por escritores e expertos de recoñecido prestixio e logo traducidos ao inglés polos principais tradutores que arestora traballan neste eido. Aparecen representados todos os períodos (desde a época medieval ata o Rexurdimento e o século vinte, tanto antes como despois da guerra civil) e todos os xéneros literarios (desde a poesía á narrativa, o ensaio, o teatro, e a tradición oral que mantivo o fío da continuidade entre os séculos dezaseis e dezaoito). Comprácenos publicar unha antoloxía que axunta a experiencia de tantas persoas (autores, antólogos, tradutores) e que sitúa o lector-peregrino nos pasos da literatura galega contemporánea.
Este Caderno do Profesorado de Educación Primaria, preparado por Teresa Barros Castro, José Manuel García Yanes e Natalia Roibás Blanco, constitúe unha ferramenta moi útil para o seguimento diario das tarefas de titoría nos tres ciclos da Educación Primaria.
O Caderno do Profesorado de Educación Primaria inclúe:
- Datos persoais e do Centro.
- Follas de horario do grupo e do titor ou titora.
- Calendarios 2010 e 2011.
- Planificación mensual con indicación de festividades de interese educativa.
- Directorio da Consellaría de Educación e Ordenación Universitaria e de organización sindicais do profesorado.
- Fichas de titoria para cada alumno/a, con espazos para datos persoais e familiares, faltas de asistencia, entrevistas familias, seguimento e notas de áreas e outras observacións.
- Fichas de avaliación para recoller a descrición de traballos, exercicios e notas de clase.
- Fichas de avaliación para rexistrar a valoración de traballos, exercicios e notas de clase.
- Páxinas para recolle rnotas de reunións.
- Modelos de recollida de información para as familias.
- Modelos de convocatorias para reunións e entrevistas coas familias.
Este Caderno do Profesorado 2010-2011, preparado como nas edicións anteriores por Ramón Nicolás, constitúe unha ferramenta moi útil para o seguimento diario das tarefas de titoría na Educación Secundaria Obrigatoria.
O Caderno do Profesorado 2010-2011 inclúe:
- Datos persoais e do Centro.
- Follas de horario do grupo e do titor ou titora.
- Calendarios 2010 e 2011.
- Planificación mensual con indicación de festividades de interese educativa.
- Directorio da Consellaría de Educación e Ordenación Universitaria e de organización sindicais do profesorado.
- Fichas de titoria para cada alumno/a, con espazos para datos persoais e familiares, faltas de asistencia, seguimento e notas parciais, así como grao de desenvolvemento das competencias básicas.
- Fichas de seguimento do alumnado, con espazos para datos persoais, notas e faltas de asistencia.
«Luz de Tebra é unha obra de rescate. Luz de Tebra vainos levando, relato a relato, chanzo a chanzo, do frío á calor, da intemperie a un forno comunal ou a un furancho dos de loureiro á porta. Ten o peculiar roxarse interior da ánima, do que arde sen se ver. Luz de Tebra é un dos libros de contos que enxerta, xa para sempre, na herdanza das nosas mil e unha noites: Retrincos de Castelao, Dos arquivos do trasno de Rafael Dieste, Os biosbardos de Eduardo Blanco Amor, Á lus do candil de Ánxel Fole, Escola de menciñeiros de Álvaro Cunqueiro… Desa estirpe é Luz de Tebra. Cando un le este libro sente o calorífico levedar desa luz da escuridade. E sente a inconfundíbel felicidade clandestina de quen é agasallado co bisbar da boca da mellor literatura.»
Manuel Rivas
«Ya quisiera yo ser capaz de escribir palabras así, milagreras como Santiago, y jodonas como el ángel que lo vuela: el ángel ese que acepta ser llamado doctor aunque él cura contando.»
Eduardo Galeano
¿Que papel teñen as historias na nosa vida? ¿Somos o que contamos? ¿Poden os muíños, aínda que non sexan de vento, derrubar a un por terra? ¿Cantos coitelos entraron en novembro no corpo dun ditador agonizante? Neste libro, talvez unha novela, talvez un mando de relatos, as persoas resístense a ser tratadas como personaxes; os contos auténticos, parte enguedéllanse cos inventados, se é que non son todos inventados. Desde os anos en que nos montes de Lugo se temían encontros máis perigosos que lobos ou porcos bravos, a tempos nos que os libros compiten con obxectos que de libros só teñen a aparencia; da voz dunha viúva desafiuzada a Xoana de Arco, remitindo un formulario de apostasía; dos nomes gardados baixo a lingua á muller que convoca ás avésporas como último recurso fronte a cemento e cobiza. Este libro é un canto ao poder das palabras que, como na historia de Alí Babá, poden chegar a fender montes.
Todo ben ábrese coa noticia do asasinato de Andrés Fingoy, un rico emigrante galego aspirante á presidencia do Flamengo, no estadio de Maracaná do Río de Janeiro. Na noticia incúlpase como principal sospeitoso ao xornalista Marcos Andrade, un náufrago e poeta namorado do fútbol. Logo de intentar cambiar o mundo en varias aventuras periodísticas en Galicia, Marcos Andrade decidiu procurar novos horizontes en Brasil colaborando no xornal O Globo coas súas crónicas deportivas, nas que defende un fútbol forte e teimoso coma os ventos do norte, alegre coma o son dos tambores que chegan dos mares do sur e de ideas longas coma as ondas do océano.
25 anos despois da súa publicación, Todo ben renace cunha segunda vida tras unha completa revisión do autor. A obra mantén a cerna dunha historia que se move en «serie negra», cunha singular ubicación no Brasil e coa corrupción no fútbol e na política como coordenadas temáticas principais.Unha feliz re-existencia da primeira novela de Manuel Rivas, o narrador galego máis aclamado do noso tempo.