www.xerais.es
|   Imprimir   |   Mercar   |
 

14,5 x 22 cm.

232 Páxinas

Cartonado

I.S.B.N.: 978-84-9914-028-5

Código: 1365123

12,21IVE non incluído
12,70IVE incluído

Setembro 2009

Ás de bolboreta

Rosa Aneiros (Autor/a)
Colección: INFANTIL E XUVENIL>FÓRA DE XOGO
2ª Edición - Premio Fundación Caixa Galicia de Literatura Xuvenil, 2009 - Premio The Withe Ravens (Internationale Jugend Bibliothek), 2010
 
Contido
Na “Luzada”, a cafetaría de Patricia, conflúen cada mañá os camiños que transitan os personaxes d’ As de bolboreta, a novela de Rosa Aneiros gañadora do Premio Fundación Caixa Galicia de literatura xuvenil 2009. O de Manuel, un neno de orixe africana, a quen lle morreu a súa nai adoptiva, que comparte varias horas do día co seu avó. O de Lola e Eusebio, un matrimonio de persoas maiores que viven soas e deben enfrontar as difíciles decisións que esixen a vellez e a aparición da enfermidade. O de Iqbal, un mozo de pais paquistanís que decidiu marchar de Londres tras os atentados terroristas no metro de 2005. O de Aysel, unha kurda que manifesta a impotencia que sente pola indiferenza con que a comunidade internacional acolle a represión exercida contra o seu pobo por parte do goberno turco. O dos alpinistas do monte Gurugú, dous mozos nixerianos que tentan atravesar o valado da fronteira de Melilla para poder reunirse coa súa tía, que agarda todos os días no bar unha chamada que confirme a chegada dos seus sobriños a Galicia. E tamén o de Paco e Adolfo, dous homes covardes que non aprenderon a considerar as súas mulleres como compañeiras de viaxe, e o da señora Filomena, e o de Ana, e o de Fiño… O xurado do Premio Fundación Caixa Galicia 2009, que outorgou por unanimidade o galardón a esta novela de Rosa Aneiros, sinalou que “Ás de bolboreta presenta unha estrutura non xerarquizada, dividada en breves capítulos onde calquera parte está conectada con todas as demais, un puzzle de (continúa...)

COMPLEMENTOS
  MATERIAL PROMOCIONAL. Plotter do libro Ás de Bolboreta
  MATERIAL PROMOCIONAL. Cartel Premios Rosa Aneiros
VALORA  
       
       (9 valoracións)
COMENTARIOS  (Es o primeiro en opinar)
 Del.icio.us  Digg  Facebook  Menéame
 Mister Wong  MySpace  Yahoo  Chuza
  Enviar a un amigo
  EMPEZAR A LEER  
  PROYECTO DE LECTURA  
  ESCENIFICACIÓN  
  CUADERNOS DE CRÍTICAS  
  FICHA TÉCNICA  
  MATERIAL ADICIONAL  
  MATERIAL PROMOCIONAL  
  VÍDEO  
  MATERIAL ADICIONAL  
  E-BOOKS