XERAIS
E-books
Premios Xerais
Fundación Caixa Galicia de Literatura Xuvenil
Merlín de Literatura Infantil
Novela
Novidades
Descargas
CATÁLOGO
CATÁLOGO EDUCATIVO
Quen somos?
Blog
Twitter
Facebook
Axenda
Autores
Tradutores
Ilustradores
Dunne, Jonathan
(enviar correo)
JONATHAN DUNNE estudou Filoloxía Clásica na Universidade de Oxford e conta con diplomas avanzados de galego e castelán das universidades de Santiago de Compostela e Barcelona. Publicou un total de once traducións de libros escritos en búlgaro, catalán, galego e castelán. As súas traducións de Manuel Rivas publícaas Random House no Reino Unido e Overlook Press nos Estados Unidos, e foron nominadas para o Premio Internacional IMPAC, o Premio de Tradución Oxford Weidenfeld e o Premio Popescu para a Tradución de Poesía Europea. Entre outros autores que traduce atópanse Carme Riera, Alicia Giménez-Bartlett e Enrique Vila-Matas. Escribiu dous libros, Even Though That e The DNA of the English Language. Dirixe a editorial Small Stations Press.