''Dragal'' de Elena Gallego
Bookcrosing con Dragal de Elena Gallego
O aeroporto Charles de Gaulle de Paris, a cidade chinesa de Beijing e o porto xaponés de Kyoshu son algúns dos lugares elixidos pola escritora Elena Gallego Abad para ceibar senllos exemplares da súa novela "Dragal, a herdanza do dragón", editada por Xerais na colección Fóra de Xogo.
A andaina destes tres libros, rexistrados e ceibados coas etiquetas de bookcrossing números:
178-8134411 Aeroporto Vigo 24 xullo 194-8188676 Aeroporto Charles de Gaulle-París 24 xullo 198-8128827 Beijing- 25 de xullo 518-8129916 Porto de Kyoshu, illa de Fukuoka, Xapón 1 agosto, creo poderá seguirse a través da web internacional www.bookcrosing.com
A autora tamén abriu un espazo bookcrossing na web da novela, www.dragal.eu na que aquelas persoas que atopen os libros ceibados nesta novidosa experiencia poidan subir os seus cometarios e as súas fotos. |