Recén chegados

Varetai. Protectora de espíritos

Varetai. Protectora de espíritos

Varetai. Protectora de espíritos

Alba De Evan Freijedo

Sete dentes de león

Sete dentes de león

Sete dentes de león

Ledicia Costas

books
Temática
formato
IDADE

Número de libros encontrados: 11

E ti que farías por min?

Fina Casalderrey

Malta e Marqués viven na rúa. Cada vez cústalles máis atopar comida e teñen que buscar no vertedoiro. Marqués non se atreve a merterse no lixo, pero faille promesas a Malta: Se fose bolboreta regalaríache...

As viaxes de Ruki

Ramón Caride

Tan pronto como chegaban do colexio Pedro e Petra fechábanse no cuarto da rapaza e púñanse a fedellar co seu equipo de electrónica. Así foi como naceu Ruki, un rato-robot que, grazas a unha teteira, un ordenador e unha tormenta, rematou viaxando polo universo, visitando estrañísimas galaxias e seres como os guquipuquis, os ratos cempés ou a Comellona do planeta Toupamil...

O misterio do Faro Vello

Fina Casalderrey

Lorena e os seus amigos queren descubrir a orixe das misteriosas bólas de luz que, como pompas de xabón xigantes, flotan sobre o Faro Vello de cando en vez, sen que ningunha persoa maior semelle reparar nelas...

Catro amigos pillabáns

Ramón Caride

A Manporquiño, Murrigato, Caracol Col e Murrato gustaríalles vivir aventuras como as dos personaxes das películas que ven no cine. E un día o seu desexo faise realidade...

A casa abandonada

Ursula Heinze

Olalla é unha regular estudante de final do 2º ciclo de primaria. O feito de suspender un exame obriga á protagonista a cumpri-la "penitencia" de atravesa-lo soto da casa abandonada, envolta na escuridade e polo medio da auga...

Mar adiante

María Victoria Moreno

Publicada en 1973, Mar adiante é a primeira novela en lingua galega de María Victoria Moreno e unha das novelas fundadoras da literatura infantil en galego...

Rata linda de Compostela

Bernardino Graña

No Monte do Gozo, preto de Compostela, vive Rata Linda. Tamén vivía alí o Rato, que marchou para o estranxeiro. Un día, Rata Linda atopa unha moeda que lle caera a Don Gato...

Honorato, o rato namorado

Antonio García Teijeiro

Honorato é un rato ao que lle gustan as palabras, e gústalle pintalas de cores: utiliza a cor verde para falar dos campos, a azul para falar do ceo e do mar, a amarela para falar da luz e do sol...

Autor/a da semana

Eu conto, ti cantas...

María Victoria Moreno

Este libro de María Victoria Moreno reúne tres contos de animais escritos en verso e ilustrados por Manolo Uhía: "Xa non teño medo", "Can branco, can negro" e "¿Un cachiño de bica?"...

Memorias dun raposo

Antonio Reigosa

Afonso Alfonso é un raposo que vive entre a Pena da Roca e o Pombeiro, entre As Fiosas e o Padornelo. Afonso naceu no Morollo da Golpilleira. Hai quen lle chama Pedro, ou Perico, porque se parece moito a un seu avó...

Ás de mosca para Anxo

Fina Casalderrey

¿Chegará algún día no que poida existir unha convivencia feliz entre os seres humanos máis alá das diferencias de ideas ou capacidades? Estrela, unha nova alumna do derradeiro curso de primaria -que recibe clases de apoio-, demostrará ós seus compañeiros de colexio, a súa familia e...