Número de libros encontrados: 152
A casa dos Lucarios
Rosa e Chicho, cando perderon a súa terceira filla, María Celeste, aparecida morta no seu berce na segunda semana de vida, decidiron instalarse en Ferreira...
Arnoia, Arnoia
En Arnoia, Arnoia Nmógadah, un dos príncipes Segredos das terras de Arnoia vese preso e forzado ao exilio polo pobo dos veciños, invasores da súa terra e asasinos de Mai Loretta, quen antes de morrer lle dá dous obxectos: unha bolsiña máxica e o Libredón...
Proxecto pomba dourada
Arno ó baixar do aerobús, de volta da escola, atopou ós vehículos da policía e a dúas ambulancias aparcadas diante da súa casa, unha inmensa torre de oitenta e cinco andares, habitada por duascentas familias...
Maldito DNI
¡Maldito DNI! é a historia dunha decisión de morrer legalmente e así vivir á marxe da burocracia moderna. O seu desexo parece ben doado nun principio, mais axiña Olimpio Montes comprenderá que non é tan sinxelo vivir indocumentado nun mundo controlado pola información...
Leonel
Leonel, a primeira novela xuvenil de Cortizas, narra a historia de Miguel, un mozo estudante que se despraza á aldea dos avós que a penas coñecía para pasar o verán estudiando o que suspendera...
As mans do medo
Desde o primeiro día que puxo os pés na casa da praia comezaron a sucederlle dúas cousas que, aparentemente, parecían non estar relacionadas: empezou a proerlle, arderlle a man esquerda e comezou a pensar compulsivamente en cambiar de lugar o pozo negro...
A Pomba e o Degolado
A André foron demasiadas cousas ás que non lle sentaron ben nos tres anos que leva no instituto, onde nin sequera podía refuxiarse no aseo para coller alento...
Do outro lado do espello
Aos seus dezaseis anos, Marisa aínda non sabe o que é o amor. Pide respostas a esa descoñecida que é a súa imaxe no espello. Mirándose sente unha dor invisible que arrinca dende o máis profundo do seu ser...
Acio sanguento
Daniel Sieiro, un policía capaz de ver ata debaixo do alcatrán, e o seu axudante Maquieira deben averiguar quen é o autor do truculento asasinato de Xulio Afonso, un profesor de instituto, no que axiña detectan a existencia de moitos ángulos mortos e detalles, aparentemente insignificantes, tras os que se ocultan segredos, mentiras e unha historia de amor...
Chamábase Luís
Luís, trinta anos, dous fillos de trece e oito anos. Drogadicto dende os vinte, vivía sen traballar a costa da familia e do que sacaba en arrepañar no alleo...
A expedición do Pacífico
A expedición do Pacífico é unha novela de aventuras que conta as peripecias dunha nena de doce anos, Emilia, que se agacha como polisón nunha expedición científica que parte para explorar o Pacífico...
O vixía no centeo
Holden Caulfield, coñecendo que vai ser expulsado da escola, decide deixala antes. Pasa tres días na cidade de Nova York e conta a historia do que fixo e sufriu...
Cartas de amor
As historias deste libro nacen a partir de cartas de amor. Pero non son cartas de amor convencionais. O amor ou o desamor son as desculpas que nos permiten coñecer as dramáticas circunstancias que rodean ás mulleres que as escriben...
A Cova das Vacas Mortas
Xoel é un mozo de Negueira de Muñiz que vive coa súa nai, de orixe alemá, nunha comuna na aldea de Foxo, preto do encoro de Salime. Farto da vida que leva soña con poder marchar de alí e embarcar nun petroleiro...