Logo Xerais

Info ilustrador/a

Cobo, Lucía

(enviar correo)

Lucía Cobo: Lucia Rodríguez Cobo (Lugo, 1982) filla de libreiro e mestra, creceu amando os libros. Aínda que estudou unha enxeñería, sempre soubo que a súa paixón eran as artes plásticas e o deseño. Despois de traballar varios anos como deseñadora gráfica, titulouse como Técnico Superior en Ilustración na Escola Picasso da Coruña. No ano 2013 cursou o Máster en Álbum Infantil Ilustrado impartido pola Escola I con I de Madrid. Colabora en revistas e webs e publica en varias editoriais. En 2014 obtivo unha Mención de Honra no V Catálogo Iberoamericano de Ilustración de México. Ten os seguintes libros publicados: Caer de cu polo universo, Osa, Un gato en las nubes, O soño do Merlo Branco (Xerais, 2016).

As súas obras como ilustrador/a