Logo Xerais

Info ilustrador/a

Viso, Marcos

(enviar correo)

Marcos Viso (Ourense, 1973) é arquitecto técnico pola Universidade da Coruña, profesión que exerceu ata o ano 2013, cando decidiu dedicarse á ilustración. Despois de terminar o Ciclo Superior de Ilustración na Escola de Arte e Deseño Antón Faílde de Ourense, realizou en 2013 o curso «Taller do A ao Z, realización dun álbum ilustrado», impartido por Jorge Zentner, Mariona Cabassa e Rebeca Luciani en Barcelona. Na actualidade reside en Ourense, onde traballa en varios proxectos persoais de álbum ilustrado e imparte clases de debuxo e ilustración. En Xerais publicou o álbum «Vaite xa!» (2016) e ilustrou os libros «Unha casiña branca» (2015) de Marcos Calveiro, «Todo o tempo do mundo» (2016) de David Pérez Iglesias, Premio Merlín de Literatura Infantil e «Avións de papel» (2017) de Xavier Estévez. Dá noticia dos seus traballos na web: www.marcosvisoilustracion.com.

As súas obras como ilustrador/a