Logo Xerais

Info ilustrador/a

Padrón, Dani

(enviar correo)

Dani Padrón (Ourense 1983) estudou Arquitectura na Escola Técnica Superior da Coruña. Tras un breve contacto co mundo da caricatura e o da banda deseñada nos que gañou algún premio, inicia o seu percorrido na ilustración infantil e xuvenil no ano 2011 co premio de ilustración Pura e Dora Vázquez. Dende entón publicou varios libros e participou en exposicións colectivas. En Xerais ten publicado as seguintes obras: «As palabras do silencio» (2013) de Ánxela Gracián, «As noites de Xián» (2014) de Concha Blanco, «O refugallo» (2015) de Paula Carballeira, «Nena e o mar» (2015) de Érica Esmorís, «O día que choveu do revés» (2016) de María Canosa e «A cazadora de estrelas» (2017) de María Canosa.

As súas obras como ilustrador/a