Logo Xerais

Info ilustrador/a

Aparicio Andión, Almudena

(enviar correo)

Almudena Aparicio (1978). Dende moi nova mostrou interese polo debuxo e a súa familia puxo todas as ferramentas necesarias para desenvolver as súas capacidades creativas, malia que nunca imaxinaron que nun futuro esta sería, ademais da súa paixón, a súa saída profesional. Moi pouco tempo despois de rematar os seus estudos na Facultade de Belas Artes de Pontevedra, comezou a colaborar coa editoral Anaya na ilustración de libros de texto. Dende entón traballou en múltiples publicacións infantís, libros de texto, aplicacións interactivas e traballos con fins publicitarios e divulgativos. O gato fantasma é a súa primeira colaboración con Xerais. Mantén a súa paxina www.almudenaaparicio.com

As súas obras como ilustrador/a