Logo Xerais

Info ilustrador/a

Seijas, Antonio

(enviar correo)

Antonio Seijas (Ares, 1976) O seu primeiro álbum de banda deseñada, Un Hombre Feliz, resultou gañador do Certame de Banda Deseñada "Castelao" da Deputación de A Coruña, con prólogo de Miguelanxo Prado, recibiu o premio de mellor guión, por votación popular, no Saló del Cómic de Barcelona en 2008. No campo da ilustración fai traballos para revistas, xornais, webs , cubertas de libros e ilustracións para literatura infantil e xuvenil en diferentes editoriais, ocupándose en Xerais das cubertas da colección Fóra de xogo. Tamén realiza traballos para grupos e discográficas (cubertas, libretos, logos, carteis…) recibindo excelentes críticas en diversos medios nacionais e estranxeiros. En 2012 publica en Xerais Cartas de inverno novela gráfica baseada na novela de Agustín Fernández Paz. Mantén na rede o seu blog: http://antonioseijas.blogspot.com e a páxina: www.antonioseijas.com.

As súas obras como ilustrador/a