Ilustrador/a
Mª Reyes Guijarro
Mª Reyes Guijarro (Sevilla, 1975), estuda ilustración na Escola de Arte 10 de Madrid. Dende entón traballa como ilustradora e deseñadora gráfica, centrando a súa actividade nos libros para nenos. O seu traballo no eido da ilustración, o deseño ou a animación foi recoñecido en diversas ocasións. Vaia Tropa! é o seu primeiro libro ilustrado para Xerais.