Logo Xerais

Info ilustrador/a

Matalobos, José

(enviar correo)

José Matalobos é deseñador gráfico. Comezou traballando como ilustrador e infógrafo do diario “El Progreso” ao tempo que desenvolveu unha actividade constante no campo da pintura. Na actualidade traballa como artista gráfico independente para o xornal “La Voz de Galicia”, editoriais, axencias de publicidade e institucións, realizando actividades relacionadas coa arte gráfica en xeral: portadas, carteis, ilustración, etc. Para Xerais, ilustrou os libros da serie Tintimán e os volumes “Os Sabuxos entran na casa do pé esquerdo” (2013) e “Os Sabuxos divírtense no Museo Prohibido” (2015), obras do escritor Santiago Jaureguizar. Os seus traballos pódense ver no seu sitio web: www.matalobos.com.

As súas obras como ilustrador/a