Logo Xerais

Info autor/a

De Toro, Suso

(enviar correo)

Suso de Toro (Santiago, 1956) é licenciado en Arte Moderna e Contemporánea. En 2003 foille concedido o Premio Nacional de Narrativa. Como narrador publicou: “Caixón desastre” (1983, 1991), relatos, Premio Galicia da Universidade de Santiago; “Polaroid” (1986), relatos, Premio da Crítica Galicia; “Land Rover” (1988), novela; “Ambulancia” (1990), novela; “Tic-Tac” (1993, 2003), novela, Premio da Crítica Española 1994; “A sombra cazadora” (1994), novela; “Conta saldada” (1996, 2017), novela; “Calzados Lola” (1997), Premio Blanco Amor; “Círculo” (1998), relatos; “Non volvas” (2000), novela, Premio da Crítica Española; “Trece badaladas” (2002), novela, adaptada libremente ao cine por Xavier Villaverde co título homónimo (2003) e Premio Nacional de Narrativa; “Morgún (Lobo Máxico)” (2003), novela; “Home sen nome” (2006), novela; “Sete palabras” (2009), novela e “Somnámbulos” (2014), relatos. Escribiu os seguintes libros de xornalismo e ensaio: “F.M.” (1991), “Camilo Nogueira e outras voces. Unha memoria da esquerda nacionalista” (1991), “Eterno retorno” (1996), “Parado na tormenta” (1996), “O país da brétema” (2000, Xerais 2016), “A carreira do salmón” (2001), “Nunca máis Galiza á intemperie” (2002), “Españois todos” (2004), “Ten que doer” (2004), “Outra idea de España” (2005), “Madeira de Zapatero. Retrato dun Presidente” (2007), “Outra Galiza” (2008), “Inmateriais. Vidas da nosa historia” (2013) e “Humildar. Rituais despois de deus” (2017). Publicou ademais a obra de teatro “Unha rosa é unha rosa” (1997) e “Servicio de urxencias” (2002), guións de televisión.

As súas obras como autor/a