Logo Xerais

Info autor/a

Alapont, Pasqual

(enviar correo)

Pasqual Alapont Ramon (Catarroja, 1963) é licenciado en Xeografía e Historia pola Universidade de Valencia. Escritor, editor, guionista, actor e director de escena, ten publicado numerosos libros en catalán: “Mitjacua i la sargantana del mar”, Premi Enric Valor de Literatura Infantil 1984, escrito colaboración con Antoni Torregrossa; “¡No sigues bajoca” (1986), narrativa infantil; “¡Estàs com una moto!” (1988), narrativa infantil; “¡Me'n vaig de casa!” (1993), narrativa infantil; “Pipistrellus pipistrellus, set dies en la vida d’un quiròpter”, (1994), narrativa infantil; “Quin sidral de campament!”, (1996), novela xuvenil; “Els viatges de Marco Polo” (1996), teatro infantil; “Alícia”, (1997), teatro infantil; “Això era i no era”, (1998) teatro infantil; “Beatrius”, (1997)teatro; “Currículum”, (1998), teatro; “Ara sí que t’has refredat!”, (1998), narrativa infantil; “Menjaré bollyc@os per tu”, Premio Bancaixa de Narrativa Xuvenil 1999; “Tres tristos traumes”, (2000), teatro; “Un estiu sense franceses”, (2000) novela xuvenil; “El circ de la fosca, en Umbracles”, (2001), teatro; “L’ovella negra”, Premio EDEBÉ de literatura xuvenil 2001, Premi Serra d’Or de la Crítica, Seleccionada pola The White Ravens de la Internationale Jugend Bibliothek e traducida para o galego como “A ovella negra” (2002); “Tota d’un glop”, Premi Joanot Martorell 2002, novela xuvenil; “L’infern de Marta” (2003), novela xuvenil traducida para o galego como “O inferno de Marta” (Xerais 2004) e “Barrots daurats” (2005), novela xuvenil traducida para o galego como “Barrotes dourados” (Xerais 2007).

As súas obras como autor/a