Autor/a
Jürg Schubiger
Jürg Schubiger, naceu en 1936 en Zürich (Suíza). Desempeñou diferentes oficios e estudou Filoloxía Alemá, Psicoloxía e Filosofía. Entre 1969 e 1979 traballou como editor na editorial do seu pai. Na actualidade combina a actividade de escritor coa de psicoterapeuta en Zürich e Tessin. As súas primeiras historias publicáronse en 1971 baixo o título Die vorgezeigten Dinge, cun prólogo do propio autor que comeza coas seguintes palabras: ''Presentar a Jürg Schubiger é un gran pracer, pois levou a vida dun auténtico poeta. A súa xuventude está marcada por continuas expulsións de diferentes centros escolares, así como por oficios da máis diversa índole, como xardineiro no sur de Francia, viticultor en Tessin e leñador en Córsega. Tampouco lle falta a experiencia de interromper a súa formación como cortador de cartón cando estaba a piques de rematala, e finalmente a súa obstinación por recuperar o tempo perdido preparando de forma autodidacta o bacharelato, indo á Universidade de Zürich e mais escribindo unha tesiña sobre A metamorfose de Kafka''.
Dende 1978 dedícase sobre todo a escribir historias para nenos. ''Cuando el mundo era joven todavía'', obra pola que obtivo o Premio Nacional Alemán de Literatura Infantil, e "Así comezou todo. 34 historias sobre a orixe do mundo" (Xerais 2007).