Logo Xerais

Info autor/a

Gogue

(enviar correo)

Gogue (O Grove 1953) é humorista gráfico. Autor dos personaxes Floreano, Monchiña, Epifanio, Cachiña, don Ramón o cura, Charito e Fly, publicados diariamente en “Faro de Vigo” dende 1989. Colaborador de “PRNoticias”, “Tiempo latino”, “The Washington Post”, “Black Agenda Report”, “Ghetto Fabulous”, “Fantasy Sports” e outros medios estadounidenses onde publica as súas caricaturas, foi considerado como un dos mellores cronistas gráficos da campaña presidencial USA 2016. Publicou os libros “Personaxes vigueses”, “Goguerías”, “Cen tolos da ría”, “Floreano 1994”, “Floreano e Broncas”, “Historias do viño”, “Historias floreánicas I”, “Historias floreánicas II” e “Floreano” (Xerais 2017). Ten recibido diversos premios e mencións polas súas caricaturas en Rusia, Estados Unidos e Portugal, ademais de realizar máis de vinte exposicións dos seus traballos gráficos.

As súas obras como autor/a