Logo Xerais

Info autor/a

Arias Correa, Azucena

(enviar correo)

Azucena Arias Correa naceu en Sao Paulo, nunha terra algo afastada da que sería dende poucos anos máis tarde o seu fogar, Pontevedra. Mestra, licenciada en Ciencias da Educación, licenciada en Psicoloxía e doutora en Didáctica das Ciencias Experimentais. Exerce como mestra e orientadora no CEIP Vilaverde e é profesora asociada na Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte da Universidade de Vigo. Membro da asociación de renovación pedagóxica “Colectivo ollo de sapo”.Como autora de textos de literatura infantil e xuvenil publicou as seguintes obras: “A cirurxiá” (1998), “A casa do grilo e da chicharra” (2000), “A cadela e o óso” (2001) e “Debaixo dun parasol” (Xerais, 2017), ademais dalgúns textos na biblioteca virtual galega (www.bvg.udc.es) e poemas en obras de colaboración. Obtivo o primeiro premio no VI Concurso Literario Rosa de Cen Follas na modalidade de poesía coa obra “Silencio cómplice” (2013). No ámbito profesional ten publicadas varias obras en coautoría relacionadas coa cultura galega e propostas didácticas para a escola (“Festas anuais na escola”, “As adiviñas”, “O Magosto”, “O Nadal”... ); tamén outras relacionadas coa metodoloxía, a didáctica e a innovación (“Traballar por proxectos nas aulas de infantil e primaria”, “O proceso de adaptación... ¿E ti vas á escola?”, “O traballo por proxectos en infantil, primaria e secundaria”...), coa perspectiva de xénero na educación (“A igualdade como solución”...), coa animación á lectura... ademais de numerosos artigos para diversas revistas e xornais.

As súas obras como autor/a