Logo Xerais

Info autor/a

Mariño, Xurxo

(enviar correo)

Xurxo Mariño (Lugo, 1969) é doutor en Ciencias Biolóxicas especializado en Neurofisioloxía e profesor do Departamento de Medicina da Universidade da Coruña, ademais de viaxeiro e fotógrafo afeccionado. Formouse como biólogo na Universidade de Santiago e realizou o seu posdoutoramento no Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts (MIT). Desde hai anos dedica unha parte importante do seu tempo á divulgación do coñecemento científico e a súa interacción coas artes e as humanidades, mediante espectáculos en directo como o discurshow, relatos de ficción, colaboracións en revistas, radio, TV e internet, e libros como "Os dados do reloxeiro" (2005), "Po de estrelas" (2007), "Neurociencia para Julia" (2012) e Terra. Ciencia, aventura e sorpresas dunha viaxe arredor do mundo" (Xerais 2017). En 2011 recibiu o Premio Especial do Xurado do I Certame FECYT de Comunicación Científica, e en 2014 o Premio Tesla de Divulgación.

As súas obras como autor/a