Logo Xerais

Info autor/a

Álvarez Castro, Xosé

(enviar correo)

Xosé Álvarez Castro (Pontevedra, 1953) é mestre, licenciado en Xeografía e Historia e máster en Educación Ambiental pola UNED. Na actualidade imparte clases de Historia no IES Sanxenxo. Participa activamente no asociacionismo cultural (Cedofeita), de recuperación da memoria histórica (Sempre con Vós. Cidadanía pola Verdade) e renovación pedagóxica (Nova Escola Galega). É autor de numerosos artigos sobre historia, medio ambiente e didáctica en revistas como Cedofeita, Revista Galega de Educación ou Cuadernos de Pedagogía, entre outras, e participou como relator en diversos congresos. Ademais, é autor do blog «Pontevedra nos anos do medo» (anosdomedo.blogspot.com), dedicado á difusión da historia da represión na comarca pontevedresa. En 2011 a Fundación Alexandre Bóveda concedeulle o VI Premio Día da Galiza Mártir á recuperación da memoria histórica. En 2013 publica Pontevedra nos anos do medo. Golpe militar e represión (1936-1939) (Xerais).

As súas obras como autor/a