Logo Xerais

Info autor/a

Gallego Abad, Elena

(enviar correo)

Elena Gallego Abad (Teruel 1969) é escritora e xornalista cunha ampla traxectoria profesional, ligada a diversos medios de prensa e radio galegos. Membro do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG) e da Federación Internacional de Periodistas (FIP), recibiu o Premio Xosé Aurelio Carracedo de xornalismo 1998, no seu apartado de medios audiovisuais. Deuse a coñecer como narradora coa saga xuvenil Dragal, publicada por Xerais, que se iniciou con Dragal I. A herdanza do dragón (2010), finalista do IV Premio Fundación Caixagalicia de literatura xuvenil en 2009 e premio Frei Martín Sarmiento 2012; continuada por Dragal II. A metamorfose do dragón (2011); Dragal III. A fraternidade do dragón (2012) e Dragal IV. A estirpe do dragón (2015). Sete Caveiras (2014) é a súa primeira novela de xénero negro.

As súas obras como autor/a