Logo Xerais

Info autor/a

Agra, Agustín

(enviar correo)

Agustín Agra Barreiro (Noia, 1966) é licenciado en Bioloxía, profesor desta materia no Instituto de Ensino Secundario Cotarelo Valledor de Vilaxóan. Comezou a escribir en 2003, publicando os seus primeiros textos nas revistas Alameda do Liceo de Noia e Casa da Gramática do IES Virxe do Mar de Noia, colaborando coa Asociación Cultural Barbantia. No ano 2004, gañou o primeiro premio do concurso de narracións curtas Modesto Figueiredo do Pedrón de Ouro con “Os límites do inimaxinable”, obtendo, así mesmo, o primeiro accésit da edición de 2005 con “Na Caeira”. Ten publicado os libros O tesouro da Lagoa de Reid ‘Is (Xerais 2006), premio Merlín de Literatura Infantil 2006, novela; Cazaría salvaxe (Xerais 2008), novela;. A treboada de C (Xunta de Galicia 2009), O recendo das mimosas (Xerais 2009), relatos e Trampa de luz (Xerais 2012), novela.

As súas obras como autor/a