Logo Xerais

Info autor/a

Bradbury, Ray

(enviar correo)

Ray Bradbury (Waukegan, Illinois, 1920) é novelista, poeta, escritor de contos curtos, ensaios, obras de teatro e guións para o cine e a televisión. Está considerado como un dos máis importantes escritores de cencia ficción do século XX. En 1989 foi nomeado Gran mestre da SFWA (Asociación de autores de ciencia ficción norteamericanos) e en 1999 recibiu o premio SF Hall of Fame por toda a súa carreira. Entre a súa extensa obra narrativa, formada por máis dunha trintena de obras, podemos citar os libros de relatos “O home ilustrado” (1950) e os dous libros traducidos ao galego por María Magdalena Fernández Pérez, “Crónicas marcianas” (1950, Xerais 2004) e “Fahrenheit 451” (1950, Xerais en 2005), antiutopía na que os libros están prohibidos e un grupo secreto de libros vivintes esfórzanse en transmitir de boca en boca a antiga cultura.

As súas obras como autor/a