Logo Xerais

Info autor/a

Reimóndez, María

(enviar correo)

María Reimóndez é tradutora e intérprete de profesión e feminista por convicción. O seu primeiro libro publicado foi o poemario “Moda Galega” (2002), ao que regresou nunha reescrita dez anos máis tarde en “Moda Galega reloaded” (2013) e posteriormente publicou “kleinigkeiten/cousiñas” (2013) e “Presente continuo” (Xerais 2013). Como narradora, é autora das seguintes novelas: “O Caderno de Bitácora” (2004), premio de novela Mulleres Progresistas 2003; “O club da calceta” (Xerais 2006), finalista do Premio Xerais de Novela 2005, Premio Arcebispo San Clemente 2007, traducida ao castelán, italiano e francés, e adaptada á escena por Teatro do Morcego e ao cine por Ficcións; “Pirata” (Xerais 2009), traducida ao italiano; “En vías de extinción” (Xerais 2012), traducida ao castelán; “Dende o conflito”, (Xerais 2014) coa que gañou o XIV Premio Xerais de Novela; “A música dos seres vivos” (Xerais 2015); e “A dúbida” (Xerais 2016), coa que gañou o XIV Premio La Voz de Galicia de Novela por Entregas. No ámbito da literatura infantil é autora de “Usha” (Xerais 2006), finalista do Premio Merlín 2005; “Lía e as zapatillas de deporte” (Xerais 2008); “O monstro das palabras” (Xerais 2009); “Volvo! O regreso de Usha” (Xerais 2014); e “Corredora” (Xerais 2017). Como ensaísta publicou “A alternativa está aquí” (Xerais 2014) e, en coautoría con Olga Castro, o libro “Feminismos” (Xerais 2013). En 2015 a AGE concedeulle o Premio Xosé María Álvarez Blázquez ao autor/a do ano. É fundadora da organización non gobernamental de cooperación ao desenvolvemento Implicadas/os no Desenvolvemento, que leva traballando desde o ano 1998 na India e en Etiopía en proxectos de desenvolvemento integral cun claro compromiso pola superación da discriminación de xénero como base do desenvolvemento perdurable.O seu relato “A esencia da cidade'' pode ser descargado en pdf: http://blog.xerais.gal/wp-content/uploads/2016/11/A_esencia_da_cidade.pdf

As súas obras como autor/a