Logo Xerais

Info autor/a

Canosa, María

(enviar correo)

María Canosa (Cee, 1978) é profesionalmente enxeñeira de Camiños, Canais e Portos, sendo escritora de corazón. Articulista en "La Voz de Galicia", foi contertulia en varios programas radiofónicos da Radio Galega e Radio Voz. Foi a «experta» en letras nos concursos dos programas de TVG Cifras e letras e Verbas van. É autora dunha extensa obra narrativa infantil e xuvenil, iniciada con "Bramido maino" e "A pedra do seixo", publicadas en 1997, e continuada, entre outras, por títulos como "O Crebanoces" (2011); "Xiana, a nena pirata" (2012); "Viaxes de inverno" (2013); "Druidas" (2014); "Rubicundo" (Xerais 2015), finalista do Premio Merlín 2014; "O día que choveu do revés" (Xerais 2016); "A cazadora de estrelas" (Xerais 2017), finalista do Premio Merlín 2016, e Muriel (Xerais 2017), Premio Merlín 2017. Como narradora publicou "Faíscas" (2009), "DisParo" (2016), "Non é París" (2016) e "Cando cae a luz" (2016). Publicou, ademais, o libro de poemas "Ronca o mar" (2011) e o ensaio "A que altura está o ceo?" (2016), en colaboración con Jorge Mira.).

As súas obras como autor/a