Logo Xerais

Info autor/a

Mosteiro García, Manuel Antón

(enviar correo)

Manuel Antón Mosteiro García (Bueu 1970), licenciado en Filoloxía Hispánica na Sección Galego-Portugués pola Universidade de Santiago de Compostela e na actualidade profesor de Lingua e Literatura Galega no Colexio Internacional Sek Atlántico. Membro do Xurado do I Premio de Poesía Johan Carballeira, Premio de Narrativa Blanco Amor e do Premio de Xornalismo Johan Carballeira. Autor do artigo publicado na Voz de Galicia “A derrota das utopías”, co gallo da publicación da obra de Cid Cabido, Grupo Abeliano na Biblioteca 120 da Voz de Galicia. Colaborador en varios números do Suplemento do Morrazo d’O Diario de Pontevedra. Membro fundador da Asociación de Amigos de Johan Carballeira que na actualidade preside. Colaborador da EGU. Gañador do IX Certame de Poesía "Domingo Antonio de Andrade" convocado pola Asociación Cultural Domingo Antonio Andrade, de Cee (A Coruña). É dos autores da revista sobre a represión na vila de Bueu. Actualmente colabora co xornal dixital Praza pública baixo o pseudónimo 'O aletófilo do Morrazo'. É autor das obras : Traballando coa lingua; Traballando coa lingua. Solucionario; Traballando coa lingua. Primeiro Ciclo da ESO; Traballando coa lingua. Primeiro Ciclo da ESO. Solucionario; Probas corrixidas de Selectividade LOXSE; Probas corrixidas de Selectividade e os Proxectos Curriculares de 1º de Bacharelato e 1º de ESO de Lingua e Literatura Galega, todas elas publicadas co Edicións Xerais.

As súas obras como autor/a