Logo Xerais

Info autor/a

Jaureguizar

(enviar correo)

Jaureguizar (Bilbo, 1965). Xornalista. Traballa en El Progreso de Lugo. Como narrador ten publicados os seguintes libros: “Fridon spik” (Xerais 1995, 2003), narracións breves; “Comendo espaguetis diante da televisión” (Xerais 1998), novela; “As horas sucias” (Xerais 2001), novela; “Breve crónica universal da clase obreira” (2001), novela, Premio Lueiro Rey 2001, “Casa Skylab” (Premio Xerais 2003), novela, “Cabaret Voltaire” (Premio Manuel García Barros 2005), novela “O Globo de Shakespeare” (Premio Terra de Melide, Xerais 2008) e “Placebo” (Xerais, 2016). É autor, ademais, das novelas xuvenís “Todo a cen” (1995), “A rutina corsaria” (Xerais 1998), “Salitre” (Xerais 1999), “¡Balea morta ou lancha a pique!” (Xerais 2002), “A cova das vacas mortas” (Xerais 2006), premio Fundación Caixa Galicia de Literatura xuvenil, “Plastilina nos pulmóns” (2007), “O contador de estrelas” (2009), “Os Sabuxos entran na casa do pé esquerdo” (Xerais, 2013) e “Os Sabuxos divírtense no Museo Prohibido” (Xerais, 2015). Ademais é autor da serie de novelas protagonizada polo xove detective Tintimán: “Corazón de chocolate. Un misterio para Tintimán en Compostela” (Xerais 2010), “A coroa de napoleón. Un misterio para Tintimán na Coruña”, “Amor de Serea. Un misterio para Tintimán en Vigo” (Xerais 2012), “O veleno da risa. Un misterio para Tintimán en Lugo” (Xerais 2014) e "A boca do inferno. Un misterio para Tintimán en Ourense" (Xerais 2017). Mantén aberto o blog Cabaret Voltaire.

As súas obras como autor/a