Logo Xerais

Info autor/a

Aneiros, Rosa

(enviar correo)

Rosa Aneiros (Meirás-Valdoviño, 1976) é xornalista e traballa no Consello da Cultura Galega. Colabora habitualmente en distintos medios de comunicación. En 1999 presentou a súa primeira novela, Eu de maior quero ser á que seguiron Corazóns amolecidos en salitre (2002), Resistencia (Xerais, 2003, Premio Arzobispo San Clemente, 2003), O xardín da media lúa (2004), Veu visitarme o mar (Xerais, 2004), Ás de bolboreta (Xerais 2009), Premio Fundación Caixa Galicia de Literatura Xuvenil, Premio Fervenzas Literarias ao Mellor libro Xuvenil, 2009 e Premio The White Ravens (Internationale Jugend Bibliothek), 2010, Sol de Inverno (Xerais, 2009 Premio Xerais de Novela 2009 e Premio Fervenzas Literarias a Mellor portada adultos, 2009), Ámote Leo A. Destino xalundes (Xerais, 2013) e Ámote Leo A. Estación de tránsito (Xerais, 2014) .

As súas obras como autor/a