Logo Xerais

Info autor/a

Seoane, Xavier

(enviar correo)

Xavier Seoane (A Coruña, 1954). Escritor, profesor, conferenciante, articulista, comisario de exposicións e organizador cultural, participa desde os 70 na renovación cultural, artística e literaria de Galicia. Formou parte de movementos con artistas plásticos. Membro fundador da revista e foro “Luzes de Galiza” e do grupo poético «De amor e desamor». Na súa poesía destaca “Don do horizonte” (1999), que recolle o conxunto dos seus libros poéticos; posteriormente publicou os poemarios “Dársenas do ocaso” (2002), “Vagar de amor e sombra” (2004), “Para unha luz ausente” (2006), “Do ventre da cóbrega” (2008), “Raíz e soño” (2009) e “Espiral de sombras” (2013). No ensaio artístico, editou “Identidade e convulsión” (1990), !Reto ou rendición” (1994), e libros, catálogos e artigos sobre numerosos artistas. No ensaio humanístico, “Atravesar o espello” (Xerais, 2000), unha defensa da lectura; “O sol de Homero” (Xerais, 2002), unha reflexión sobre a función da poesía; “Saudar a vida”(Xerais, 2007), sobre a relación entre as humanidades e as ciencias; e “Todos somos Ulises” (Xerais, 2016). Na narrativa, publicou as novelas “Ábrelle a porta ao mar” (2000), “Filiberto e Sofonisba” (2010) e “A Dama da noite” (2014), esta última sobre Rosalía de Castro. No aforismo, “Irispaxaros” (1984), “A rocha imantada” (2011) e coordinou o libro "Os aforismos do riso futurista" (Xerais, 2017). Entre outros, recibiu os premios Cidade da Coruña, Esquío, Caixanova, Crítica Española e Espiral Maior. A súa obra está traducida a varios idiomas e foi seleccionada en múltiples antoloxías.

As súas obras como autor/a