Logo Xerais

Info autor/a

Navaza, Gonzalo

(enviar correo)

Gonzalo Navaza (Lalín, 1957). Doutor en Filoloxía. Profesor da Facultade de Filoloxía e Traducción da Universidade de Vigo. Lexicógrafo e especialista en toponimia e antroponimia, coordina a área de dicionarios de Edicións Xerais de Galicia. Realizou a edición crítica de Longa noite de pedra de Celso Emilio Ferreiro (Xerais 1990). Ten publicados os poemarios: Fábrica íntima (1991), Premio Eusebio Lorenzo, 1989 e Premio da Crítica Española, 1992; A torre da derrotA (Xerais 1992), versos palindrómicos; e Libra (2000), Premio Martín Codax 2000. Como traductor verqueu para o galego obras de Jack London, A chamada da selva (Xerais 1982, 2002), Georges Perec e Robert Graves. Recibiu o Premio Ramón Cabanillas de traducción literaria (1989) pola súa versión para o galego de O can dos Baskerville de Conan Doyle (Xerais 1988). Como narrador publicou Erros e Tánatos (Xerais 1996), relatos, Elucidario (Xerais 1999), e Santos e defuntos (Xerais 2001), relato.

As súas obras como autor/a